sábado, 24 de abril de 2010

Partir.

Non pasou tanto tempo dende que milleiros de galegos facían as súas malas e partían coa vontade de achar fortuna procurando a prosperidade tanto económica como social. Galicia ficaba orfa ante o adeus dos seus xovéns, sen ser quen de reter aqueles únicos capaces de mellorar a súa situación. Poucos anos despois o fenómeno invírtese. Galicia pasa a ser destino, abre os brazos a novos viaxeiros que fan de esta terra o seu futuro.
Cun ollar no pasado, sería sinxelo deducir que estes novos cidadáns serían recibidos cun sorriso, cun "ánimo, ti consegues"... rememorando un onte duro e difícil. Aínda así e despois de todo o vivido, as xentes galegas dirínxense a estes como "ladróns de emprego". Falan dende a ignorancia ou dende a ferida aínda aberta?
En lugares como Arxentina ou Cuba, os galego foron axudados, as xentes valoraban o seu traballo e, permitíronlles mesmo o asentamento de plataformas que favoreceron a causa galega. A día de hoxe e a pesares de que Galicia precisa de xovens, de nenos... para facer fronte os altos índices de envellecemento, resistímonos, somos reacios, a emprestarlles a nosa terra a aqueles que naceron lonxe da sorte que nos temos, e que non conseguimos partillar.


"E tês corazons que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará"
Rosalía de Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario