lunes, 16 de noviembre de 2009

Barras e estrelas


(...) Cálate, xa estou farto de te ouvir a contar unha e outra vez. Un, dous, tres... cen, mil, millón... Mal raio te parta a ti e a todos os teus cartos! Debes pensar que es máis do que eu, cavila ben niso, porque o teu Boa Merda Voadora non me da ciumes ningúns. Saberás de lagartos, do champagne francés e das vistas de Venencia; mas nin idea tes das consecuencias das caricias da loira de beizos vermellos. Nin percebes, nin caviar... ao pé dela, praia e atardecer, unha torta partillada e... benvida a noite, a belida noite. Tira esa cara de parvo, que é o que acontece? Non sabes do que falo? Do sentir, do vivir... Non, non procures na carteira, non gostan de números. Deixa a garavata tranquila, sí, ficate ben co traxe, estás ate elegante. Combina, noraboa... Non sei o por que de tanta atención no vestido, meu. Eu nos momentos máis intensos apuro a tirar as roupas; corpo e alma. Como? Que queres dicir algo?

-Dirás a vontade, mas eu nos EUA vivo; e ti sobrevives ao amparo de Deus, non dos médicos.



Chámanse primeiro mundo... permíteme a gargallada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario